Nova oportunidade para seguir escapando do descenso

futbol250_030409.jpgSALNÉS> Céltiga e Vilalonga que procurarán reencontrarse coa victoria para achegarse á salvación matemática. Máis abaixo, Arousa e Portonovo seguen coa súa loita por escapar do descenso. Esta semana os de Baltar reciben ó líder Compostela.

O intratable líder visita Portonovo este domingo. Os de Chus Baleato tan só perderon un partido en todo o que vai de ano e dominan o grupo con moita superioridade. Pero o Portonovo tamén está nun bo momento, e así o acreditan as súas tres victorias e un empate nos últimos catro partidos. Marcos Canle tentará que o seu equipo volva a xogar de xeito colectivo para poder contrarestar as numesosas individualidades dos santiagueses. Para cadalo, poderá contar con todos agás con Diego, que non adestrou durante toda a semana.

No José Argiz o Arousa enfróntase a un Verín en plena xeira goleadora. Os de Peluso están a ver porta con facilidade nas últimas semanas e iso convírteos nun rival dobremente perigoso. Os vilagarciáns, pola súa parte, xa ven de outro xeito o futuro logo de gañar a pasada xornada ó Arousa. Pablo Vázquez recalcou durante a semana a importancia de amosar a mesma actitude de entrega. Son baixa Cristian e Nelo, por lesión, e Alberto, por sanción.

No Salvador Otero, o Céltiga quere reencontrarse coa victoria logo de caer en cinco dos últimos seis encontros. Pasaron os rivais duros e a enfermería xa está case baleira. Todos estarán a disposición de Josiño Abalde agás Beni, que está sancionado. Victor arrastra molestias nun xeonllo pero o técnico vigués podería forzalo dado que a súa presencia física en mediocampo suponse clave para frear a un Somozas moi forte nesa parcela.

O Vilalonga pola súa parte o que quere é sumar canto antes dúas victotrias que lle den a tranquilidade de aquí a final de temporada. Non o terán sinxelo este domingo ante un Coruxo renacido que ten o mesmo obxectivo. Os celestes saíron derrotados nás súas últimas catro visitas ó Vao, quererán que non haxa unha quinta. Diego Blanco é a única ausencia no conxunto de Gabi Leis.

Redacción Salnés