O Pazo Baión estrea logotipo

    pazo_baion100.jpgVILANOVA> Presentouse a imaxe corporativa do centro enoturístico, que se vai a construír no pazo, propiedade da adega Condes de Albarei.

    O proxecto gañador resultou elixido entre os que se presentaron ao concurso organizado pola empresa vitivinícola, no que participaron deseñadores gráficos de toda España. Ás once da noite deste xoves o xurado determinado pola Adega Condes de Albarei elixiu a imaxe corporativa que representará, dende hoxe, ó Pazo Baión.

    Metamorfose. Este é o título do proxecto gañador do concurso de deseño organizado para elixir a imaxe corporativa do Pazo Baión. Este espazo arquitectónico é propiedade da Adega Condes de Albarei, que comprou a construción tras unha subhasta pública, despois de que fora intervida a un narcotraficante da zona. A transformación que afectou a este pazo nos últimos anos foi o que inspirou ao creador do logotipo que resultou gañador no concurso. O autor do traballo elixido é Lucas Gil-Turner, un deseñador gráfico madrileño, de 30 anos. Con experiencia na creación de imaxes corporativas.

    A nova imaxe do Pazo Baión basease no cambio e tamén na porta de entrada a este lugar. Con este logotipo, o creador trata de simbolizar a ampliación da porta de entrada que agora está aberta á sociedade. O paso do cadrado ao círculo e o cambio da cor marrón a cor verde son outros procesos que están reflectidos neste logotipo.

    O gañador do concurso recibiu un premio de 10.000 euros pola elaboración da imaxe corporativa seleccionada. O xurado que escolleu o logotipo gañador está presidido polo intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo e composto por personaxes relevantes da arte e da Cultura galega.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/030409_imaxe_corporativa_pazo_baion.flv{/flowplayer}