Este próximo sábado disputarase a I Bandeira de Bateis Concello da Pobra

POBRA> A proba, para categorías masculina e feminina, reunirá a un total de catorce clubs da Liga Territorial Norte.

A cita presentada no Concello terá lugar este próximo sábado. A regata, a I Bandeira de Bateis Concello da Pobra do Caramiñal para categorías masculina e feminina arrancará ás catro da tarde na enseada do porto comercial. Contarase coa participación de catorce clubs da Liga Territorial Norte, as provincias da Coruña e Lugo, con aproximadamente cen tripulacións, sumando tódalas categorías en competición.

Dende o Concello aplauden este tipo de probas, coas que colaboran de moi bo grao.

A da Pobra é a novena regata da tempada, e sirve de preparación as diferentes tripulacións de cara os campionatos importantes a disputar a partir do mes de abril.  Os clubs vencedores das dúas bandeiras, sairán da suma de puntos conseguidos polas diferentes categorías, segundo o criterio establecido pola organización.