PORTONOVO> Traballará nos eidos social, educativo e deportivo. Un plan que inclúe a creación dunha escola de tecnificación que pretende convertirse en referente autonómico.
{flowplayer}images/salnes/PROXECTO_DEPORTIVO_PORTONOVO.flv{/flowplayer}
A aposta polas categorías inferiores será a clave sobre a que o Portonovo estruturará a súa nova etapa. Un ambicioso proxecto deportivo, social e educativo, destinado a formar os xogadores da zona para o primeiro equipo.
No aspecto deportivo, a contratación dun adestrador de porteiros para a base, a potenciación do fútbol feminino, e o traballo nas categorías pre-benxamín, benxamín e alevín, marcarán a dirección do proxecto. Un plan que tamén inclúe a celebración de torneos con equipos invitados ou a creación dunha escola de tecnificación que pretende ser unha referencia autonómica.
O social e o educativo serán os outros eidos de actuación do proxecto. Dende o club organizaranse campus, conferencias, clases de pasantía nas que os nenos estarán atendidos por tres profesionais. Ademais participarán en actividades con outras asociacións da comunidade, como a celebración de festas gastronómicas.
As actividades serán abertas para todos os que queiran participar e con prezos reducidos. Unha rebaixa que tamén se estende á cota de socio, con 26 euros ó mes, e o carnet de socio adulto, que redúcese ata os 50 euros.
Redacción Salnés