Traballadoras da galescola reivindican estabilidade cunha protesta lúdica

    protestagalescola_100_060409.jpgRIANXO> Traballadores da galescola de Rianxo concentráronse este domingo na praza de Castelao en defensa dos seus empregos.

    {flowplayer}barbanza/protestagalescola.flv{/flowplayer}

    A praza de Castelao encheuse este domingo de animación e cor. As educadoras que traballan na Galescola que dende hai escasos dous anos abriu as súas portas no concello de Rianxo concentráronse para pedir estabilidade nos seus empregos.

    A través do que mellor saben facer, estas traballadoras organizaron obradoiros de xogos, desfraces e maquillaxe ao tempo que daban a coñecer as súas reinvindicacións. Temen que co cambio de goberno na Xunta de Galicia e o feito de que aínda non se teña convocado ningunha proba que lles garanta a estabilidade laboral peligren os seus postos de traballo.

    Apoio

    A oposición-concurso que superaron para comezar a traballar na Galescola de Rianxo non lles da a titularidade do posto que ocupan na actualidade. Plasmaron as súas reivindicacións nun escrito no que pedían a políticos e á sociedade galega que pensen no seu futuro profesional e non se deixasen levar por intereses partidistas.

    As mestras contaron co apoio de pais e nais que levaron aos seus fillos para que participasen nos obradoiros. Moitos deles tamén asinaron un documento de apoio as traballadoras e para que non se peche esta escola infantil.

    Redacción Barbanza