POBRA> O concello da Pobra vai poñer en marcha unha campaña de educación viaria para acabar cos estacionamentos en zonas non autorizadas. Paralelamente, a policía local incrementará os controis de consumo de drogas ó volante coa adquisicións duns novos detectores.
A partir de mañá, o concello da Pobra habilitará a praza maior para o estacionamento de vehículos, tódolos mércores entre as sete da mañá e as tres da tarde. O concello adoptou esta medida ante as numerosas queixas recibidas, especialmente por persoas con mobilidade reducida, ante a presenza de vehículos estacionados en zonas non autorizadas. esta situación é especialmente grave os mércores pola mañá, coincidindo coa celebración da feira ambulante.
Trátase dunha campaña de sensibilización polo que nunha primeira fase será informativ aaínda que en casos reincidentes a policía comezará a sancionar. E sancións de ata mil euros son ás que se enfrontarán os condutores que se poñan ó volante tras consumir drogas. A policía vén de adquirir uns novos detectores cos que realizar os test de consumo de estupefacientes.
No caso de dar positivo, efectuaríase unha segunda proba que iría directamente ó laboratorio da USC para confirmar o resultado inicial.