O BNG demanda a implicación da Xunta para converter o Pazo de Rianxiño nun centro de día

RIANXO> A voceira nacionalista tivo ocasión de coñecer as instalacións do pazo de Rianxiño, adquirido polo concello de Rianxo por importe de 1’6 millóns de euros. A intención do concello é cedelo á administración autonómica para desenvolver aquí un equipamento social de carácter público do que xa elaborou un anteproxecto.

O BNG considera que o goberno da Xunta está a discriminar ós veciños de Rianxo que levan 5 anos por contar cun centro de día, servizo do que xa dispoñen o resto de municipios da comarca.

Durante a súa visita, Ana Pontón visitou tamén algunhas escolas rurais do municipio rianxeiro, o segundo de toda Galicia que mantén máis unitaria nas parroquias. A voceira nacionalista aproveitou ademais a súa presenza en Rianxo para apoiar t as reivindicacións do concello e da veciñanza para a posta en marcha do servizo de HADO que xa debería estar implantado no municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí