RIBEIRA> O Conservatorio Enrique Paisal de Ribeira acolle esta fin de semana un Seminario sobre Música Antiga. Xirará sobre a gaita de fol aínda que pretende chegar a tódolos intrumentos, abordando o repertorio composto antes de 1800.
Esta fin de semana terá lugar o primeiro dos seminarios sobre música antiga que organizará o Conservatorio Municipal de Ribeira ó longo deste curso. Trátase dunha formación extracurricular que busca abordar o repertorio antigo, composto antes de 1800.
Este primeiro seminario estará impartido por Pablo Gonçalves, especialista en música antiga, quen afondará no estudo da gaita de fol.
Ademais da modalidade de asistencia activa que inclúe unha clase colectiva e unha individual dunha hora, cabe a posibilidade de asistir como oínte. Aínda quedan prazas vacantes polo que os interesados poden inscribirse ata mañá contactando co conservatorio.