A Pobra festexará con diversos actos o Día da Patria Galega

POBRA> O concello da Pobra conmemorará o Día da Patria Galega, o vindeiro 25 de xullo,  cunha serie de actividades. Unha delas será a segunda edición do concurso Galeguizando TikTok para fomentar o uso do noso idioma nas novas tecnoloxías.

As persoas participantes, para maiores de trece anos, deberán anotarse e facer a entrega do vídeo mediante o enderezo electrónico normalizacion.linguistica@apobra.gal. A data límite para a inscrición será o día 5 de agosto.

Outra das propostas previstas será presentación de O libro negro da lingua galega, de Carlos Callón. Será o vindeiro 18 de xullo, as nove, na Alameda. En caso de mal tempo a actividade trasladarase ó cine Elma.

Para a veciñanza que o desexe, o Concello repartirá tamén esa semana bandeiras de Galicia. Só bastará con achegarse polo Concello e solicitala.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí