O xacemento de Castro de Alobre abre as súas portas

    castro_alobre_100.jpgVILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía volve a abrir ó público o xacemento arqueolóxico de Castro de Alobre e o entorno natural do Montiño

     {flowplayer}images/salnes/070409_montino_castro_alobre.flv{/flowplayer}

    … no que se empraza. Durante esta primavera e tamén no verán, este espazo estará aberto en horario de 11.30 a 13.00 horas pola mañá e de 4.30 a 8.30 polas tardes. A entrada está xunto á porta principal do Colexio Filipenses, correctamente sinalizada cun panel informativo. Aquí poderemos atopar un pulmón verde no centro da cidade cun importante valor natural. A esta riqueza natural hai que engadir a patrimonial, posto que neste punto hai un importante xacemento arqueolóxico que acumula vestixios das culturas castrexas e romanas, que datan desde o século dous antes de Cristo ata o século tres da nosa era.

    O Concello de Vilagarcía vai a poñer en marcha unha nova campaña arqueolóxica, a quinta neste lugar, para poñer ó descuberto ó que pode ser a telleira romana máis antiga do noroeste peninsular.

    Esta posta en valor deste espazo vai a ser posible grazas a unha achega do Ministerio de Cultura de 100.000 euros, que combina a labor arqueolóxica ca docente.

    Coincidindo con estas xornadas de portas abertas, o departamento de medioambiente municipal, incluído nesta mesma concellería de Xestión do Territorio realizou unha serie de traballos de acondicionamento das zonas verdes e xardíns do contorno de Vista Alegre, así como tarefas de conservación do conxunto monumental.

    Redacción Salnés