O servizo de taxis é máis rápido e seguro co sistema de radiotaxi

    radiotaxi_vilagarcia100.jpgVILAGARCÍA> O martes estreouse o novo sistema de aviso que permitirá axilizar os viaxes, a clientes e taxistas.

    A alcaldesa, Dolores García, presidiu a presentación do novo servizo, que se celebrou nun coñecido Hostal da cidade. Ao encontro asistiron os taxistas, amais de varios representantes dos partidos políticos que contan con representación no concello.

    A alcaldesa de Vilagarcía foi unha das primeiras en facer uso do novo sistema de radiotaxi, que se puxo en marcha na xornada de onte. A partir de agora os cidadáns poderán facer uso deste servizo de transportes marcando o número de teléfono 986 511 511, que está en funcionamento as 24 horas ao día. Co sistema de radio taxi, axilizarase o servizo, segundo asegurou a alcaldesa, durante a presentación da nova tecnoloxía.

    Os taxistas gozan de máis seguridade coa incorporación do sistema de radiotaxi. Esta tecnoloxía incorpora un GPS nos vehículos de xeito que os taxis están localizados, durante toda a xornada de traballo. 

     CREARANSE NOVAS PARADAS

    Sobre a creación de novas paradas de taxi, a alcaldesa non precisou nin ónde nin cando se crearán. Serán os profesionais do sector os que negocien co concello a ubicación dos novos puntos de recollida de pasaxeiros, segundo asegurou a primeira edil.

    Ao acto de presentación do novo servizo acudiron unha representación dos profesionais do sector, que estiveron acompañados por varios políticos municipais. Entre eles, o portavoz de IVIL, José Luis Riviera Mayo e os representantes do PP en Vilagarcía, Tomás Fole e Marta Rodríguez.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/080409_radio_taxi_vilagarcia.flv{/flowplayer}