![]()
CAMBADOS> O Concello de Cambados ven de presentar un ente mixto de turismo que votará a andar neste ano. A posta en marcha deste ente…
{flowplayer}images/salnes/070409_ente_mixto_cambados.flv{/flowplayer}
… vai a supoñer un investimento de 50.000 euros, que serán aportados polo Concello e pola Secretaria do Estado, nunha porcentaxe de cadanseu 45 %, e pola Asociación comercial Cambados Zona Centro que achega o 10 % restante.
Con estes cartos crearase unha marca turística propia ca que se potenciará a orientación da xestión e promoción de Cambados desde unha xestión público- privada, ca que conseguir obxectivos específicos.
Nesta iniciativa pretenderase involucrar a outras entidades do sector privado como poden ser empresas de hostalería ou as bodegas, co fin de afianzar esta vila mariñeira como un referente turístico e, ó mesmo tempo, crear postos de emprego.
Na creación deste ente mixto terán un peso máis específico o turismo de tipo patrimonial e cultural, enograstronómico, náutico ou da natureza.
Tanto o alcalde de Cambados, como os representantes de Cambados Zona Centro e do Consorcio do Comercio do Salnés fixeron un chamamento ós sectores da hostalería e viticultura local para que pasen a formar parte desta iniciativa, da que serán os principais beneficiarios.
Redacción Salnés







