VILAGARCÍA> SOS Sanidade Pública convoca a toda veciñanza do Salnés a unha gran manifestación en Vilagarcía. A mobilización terá lugar o día 14 para mostra o malestar de toda a comarca coa situación sanitaria dos centro médicos e dos hospitais. Advirten que a escaseza de médicos en atención primaria é dramática e pon en risco a toda a poboación.
SOS Sanidade pública continúa cos seus actos para reclamar melloras sanitarias en toda Galicia pero especialmente na comarca do Salnés. Ademais da recollida de sinaturas para presentar no parlamento e das diferentes manifestacións que se levan a cabo nos concellos, a plataforma convoca agora a toda a veciñanza do Salnés e arredores a unha gran manifestación en Vilagarcía.
Dende a plataforma sinalan que a manifestación, as recollidas de sinaturas e as diferentes mobilizacións son reclamacións de toda a veciñanza.
Tamén conta co apoio dos goberno municipais nos diferentes plenos. Por iso consideran necesaria realizar esta manifestación.
A mobilización terá lugar o venres 14 de outubro e dende a plataforma agardan que a resposta sexa masiva. Buscando mandar unha mensaxe á Xunta para que se mellore a situación da sanidade pública e se garanta a súa calidade.