O reloxo de Ravella quenta motores para a Festa das Uvas

VILAGARCÍA> Achegámonos ao remate do ano, e en Vilagarcía xa se preparan para a celebración da XX edición da Festa das Uvas. Un vinte aniversario no que haberá uns 60 quilos de uvas e unhas 600 botellas de cava para dar a benvida por adiantado ao 2019.

O paso do tempo en Vilagarcía xogará un papel fundamental en Vilagarcía o vindeiro 31 de xaneiro. A XX edición da Festa das Uvas chegará a vila para enchela de alegría e ambiente festivo neste ano, no que se cumpren 20 anos de esta peculiar tradición

As performances do reputado Pablo Mendez que emularán os mundos do escritor Julio Verne, 60 kg de uvas, 600 botellas de cava, ou a colocación de unha pantalla xigante serán algúns dos puntos fortes da celebración adiantada do Fin de Ano.

Unha curiosa tradición que se iniciou hai vinte anos cando os voluntarios do concello decidiron celebrar un acto simbólico e saíron a porta de Ravella doce horas antes das tradicionais badaladas de Fin de Ano. O próximo 31 de decembro Ravella volverá a acoller esta alegre celebración, pero nesta ocasión para celebrar o seu 20 aniversario, dende o concello esperan unha grande afluencia de público.