![]()
MEIS> Trátase da Ruta da Pedra e da Auga, unha senda inaugurada recentemente que une Barrantes co Mosteiro de Armenteira.
{flowplayer}images/salnes/130409_nova_ruta_cabezas.flv{/flowplayer}
A tradición di que para ofrecerse á Virxe das Cabezas e implorarlle axuda, hai que chegar ata ela andando. Ata o de agora eran moitos os que decidían subir ó Mosteiro de Armenteira polo mesma estrada pola que acceden coches e autobuses. Desde hai unha semana, os devotos desta santa poden empregar o mesmo camiño polo que os seus devanceiros peregrinaban hai anos. Trátase da Ruta da Pedra da Auga. Inaugurada o pasado sábado, discorre desde a rotonda dos Castaños, en Barrantes, ata o santuario de Armenteira, un paseo no que, ademais de evitar os vehículos, os fieis poden admirar a riqueza patrimonial e paisaxística da zona.
A alcaldesa de Ribadumia xunto ó presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, foron algúns dos que esta mañá empregaron esta ruta para chegar ata o Mosteiro de Armenteira.
A senda conta cuns corenta muíños, dos cales preto da metade están xa restaurados. Os traballos de recuperación incluíron tamén a limpeza e desbroce do camiño, mellorando o acceso ó Mosteiro.
Redacción Salnés






