Na praia de Silgar concienciouse ós veraneantes dos perigos do sol

    proteccionsolar_100_170707__still_001.jpgSANXENXO > A Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro desenvolveu unha serie de actividades esta mañá na praia de Silgar

    … para advertir sobre os problemas de cancro de pel. Para elo a Xunta organizou a construcción de castelos de area e figuriñas polos 20 cativos que se apuntaran nesta actividade ás 11 da mañá. Ós participantes regalóuselles unha bolsa chea de agasallos aportados polos comercios da zona que tamén colaboraron nesta iniciativa. Nunha pequena carpa instalada na praia os organizadores tamén contaban con cremas de protección solar, caramelos, refrescos e folletos relacionados cos problemas de pel que regalaron a tódolos nenos e maiores que se achegaban. A médica da asociación tamén estivo na praia pola mañá atendendo as consultas de tódolos bañistas.

    Con esta actividade pretendeuse facer algo diferente para concienciar á xente dos perigos do cancro de pel. Esta iniciativa tivo unha boa acollida por tódolos veraneantes que se achegaron a recoller os agasallos e a consultar as súas dúbidas médicas.

    Redacción Salnés