VILAGARCÍA > Os axustes de contas, a mocidade dos novos narcotraficantes e a gran violencia non son problemas novos en Galicia. Deste xeito a Fundación en Contra do Narcotráfico cre que xa é hora de que a sociedade galega se manifeste publicamente en contra desta lacra. Para isto a fundación organizará unha campaña de panos brancos que colgarán de todos os balcóns como mostra de protesta.
Os últimos asasinatos relacionados coa droga en Cambados sorprendeu a poboación pola súa gran violencia. Aínda que estes casos non son novos na nosa comarca, cada vez os mozos inícianse máis cedo nas redes do narcotráfico. Deste xeito a Fundación Galega en contra do Narcotráfico cre que xa é hora de tomar medidas serias en contra desta lacra que dana a sociedade e a economía de Galicia.
A partir de xaneiro iniciarase a campaña de panos brancos, para isto a Fundación contará coa participación de toda a poboación. Un símbolo en contra da droga que tamén apoiará as diferentes asociacións e institucións.
Redacción Salnés