![]()
MEIS> A chuvia non conseguiu deslucir a romaría celebrada no Mosteiro de Armenteira.
{flowplayer}images/salnes/130309_romaria_das_cabezas.flv{/flowplayer}
Afamada por curar as doenzas que afectan á Cabeza, cada ano son máis os devotos que se ofrecen á Virxe do santuario de Armenteira para que vele pola súa boa saúde, agradecerlle que os tivese axudado a superar algunha enfermidade ou simplemente a renderlle unha homenaxe.
A igrexa do Mosteiro de Armenteira quedou pequena para acoller a tódolos fieis que esta mañá acudiron á Romaría. Como manda a tradición, os devotos da Virxe participaron na liturxia portando velas coa forma daquela parte do corpo que queren curar.
A Romaría das Cabezas conseguiu reunir un ano máis a xentes de tódalas idades, desde mozos que aproveitaron a xornada para organizar pequenas excursións ata familias enteiras, que celebraron o luns de Pascua con música e comidas campestres.
Redacción Salnés








