O mal tempo e a crise merman a ocupación hoteleira en Semana Santa

    turismo_campana_nai_zonaaberta100.jpgVILAGARCÍA> O mal tempo que tivemos esta Semana Santa espantou a moitos dos turistas que tiñan pensado pasar as vacacións en Galicia.

    {flowplayer}images/salnes/TURISMO_CAMPANA_NAI_ZONAABERTA.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O mal tempo que tivemos esta Semana Santa espantou a moitos dos turistas que tiñan pensado pasar as vacacións en Galicia.

    En Sanxenxo, a ocupación hoteleira foi do 66 por cento, segundo os datos do CETS. Mentres que en Vilagarcía, a asociación de Hostaleiros e Iniciativas Turísticas di que apenas se achegou ó 40 por cento, e iso a pesares da celebración da Basket Cup, na que participaron oito seleccións.

    DÍA DA NAI

    Roberto Gerpe participou esta mañá na presentación da campaña do Día da Nai, que promove Zona Aberta, e na que tamén colabora Ahituvi. Ambos colectivos premiarán o vindeiro día 4 de maio a dúas mamás. Por pouco que gastes, Zona Aberta sempre ten un agasallo para ti. Este é o lema da campaña do Día da Nai deste ano.

    Os establecementos asociados repartirán estes días ata 23 mil rifas entre os seus clientes, que deberán cubrilas cos seus datos. O sorteo farase o 4 de maio ás nove da noite na sede de Zona Aberta. Ademais, o comercio local terá un detalle, coma tódolos anos, coa primeira muller que dea a luz o día da Nai no Hospital do Salnés.

    Redacción Salnés