MEAÑO> En tres centros educativos de Arousa xa non funcionan as sereas de toda a vida: agora os rapaces saen e entran do recreo con música. Segundo indican os mestres, con este cambio conséguese relaxar ós alumnos e crear un mellor ambiente.
Nos hoxe estivemos no IES de Meaño, coñecendo a iniciativa. O Centro decidiu suprimi-las antigas sereas, as de toda a vida, por música. Segundo din os docentes, con esta iniciativa conséguese mellora-lo ambiente e relaxar ó alumnado.
Hoxe tocou Cold Play para saír ao recreo e Bruno Mars para volver ás aulas. Pero a variedade é moi ampla: dende ópera, a música clásica, pasando polo rock ou mesmo a copla. A iniciativa gustou tanto ó alumnado, que no centro xa traballan nun proxecto interdisciplinar no que os rapaces poidan face-las súas propias propostas musicais por aula, seleccionando as cancións que mellor os representen. Ós alumnos do centro tárdalles xa poder seleccionar eles mesmos as cancións. Din que dende que a serea foi substituída pola música, ata se senten máis motivados.
Este non é o único centro de Arousa no que se implantou este sistema musical. No colexio das Covas, tamén en Meaño, e no San Tomé de Cambados tamén incorporaron as cancións ó seu día a día.