![]()
VILAGARCIA> O BNG conmemorará este 25 de xullo como Día da Patria Galega máis intensamente que nunca. Ante as vicisitudes…
{flowplayer}images/salnes/ptac_actividades_xullo_bng.flv{/flowplayer}
… que nos está a tocar vivir, os nacionalistas aseguran que canto maior soberanía teña Galicia, maior benestar terán os galegos e as galegas.
Para chegar a acadar as súas demandas, o BNG fai fronte común baixo o lema “Rescata os teus dereitos, en bloque podemos”; un lema que cobra aínda máis importancia para eles ante as últimas actuacións regresivas dos gobernos estatal e autonómico. Antes da manifestación do propio 25 de xullo, que terá lugar a media mañá en Santiago de Compostela, o BNG do Salnés propón outros actos a nivel comarcal ós que acudiran numerosos persoeiros deste partido político.
O primeiro deles xa esta semana cunha charla participativa sobre a banca. A continuación, o 20 de xullo, o Bloque do Salnés celebrará un acto reivindicativo e entrañable, no que mesturarán as actuacións cunha sentida homenaxe a persoas significativas na familia nacionalista.
Este ano resaltarase a figura dos militantes do BNG de máis idade da Arousa. E como cumio a estes actos, antes e despois da histórica manifestación que se prevé para o día de Santiago na capital de Galicia, terá lugar o Festigal; un certame lúdico-cultural onde se gabarán os valores nacionalistas. O BNG do Salnés aínda se reserva algún acto para estes días que terá como obxecto a reivindicación da bandeira nacional estrelada.
Redacción Salnés








