Unha taxista de Vilanova é acosada polos seus compañeiros

    taxista_100.jpgVILANOVA> A principios deste mes, Loli Rodríguez subiuse a bordo deste taxi converténdose na primeira muller taxista de Vilanova. Mais aló da…

    {flowplayer}images/salnes/080409_taxista_acosada_vilanova.flv{/flowplayer}

    … expectación, a chegada de Loli espertou un importante malestar no resto dos seus compañeiros que comezaron a acosala. Hoxe por hoxe, nin o seu xefe nin a afectada se explican o porqué deste rexeitamento.

    O empresario Victor Abal asegura que esta taxista é unha boa profesional que cumpre fielmente co seu traballo, que mantén a clientela ben atendida e que cumpre con tódolos requisitos legais. Pero esta situación de rexeitamento non é nova para Victor posto que leva sufríndoa desde que se incorporou a este sector, xa de por si desunido.

    Un dos taxistas enfrontados a esta nova incorporación, Daniel Muras, asegura fóra de micro que a orixe do conflicto hai que buscala na negativa da taxista a ensinarlle a el e os seus compañeiros toda a documentación que a faculta para conducir este vehículo, licencia municipal incluída. Ante esta negativa, foi en persoa ó concello onde lle informaron de que este taxi cumpría con tódolos requisitos e que se non estaba dacordo que denunciase. Un termo que non satisfixo a Muras que quere ser el, cos seus compañeiros, os que inspeccionen a documentación.

    Redacción Salnés