Dous novos proxectos mellorarán os servizos básicos en Boiro

    saneamentoboiro__100_140409.jpgBOIRO> Os proxectos en cuestión son o saneamento no río Coroño e a mellora do abastecemento de auga a Cabo de Cruz e Abanqueiro, ambos na súa segunda fase.

    {flowplayer}barbanza/saneamentoboiro.flv{/flowplayer}

    Continuando co seu obxectivo dende a súa chegada ó goberno de Boiro de dotar a tódolos núcleos de poboación dos servizos básicos, auga e saneamento, situándose actualmente xa nun 94%, o executivo boirés presentou esta mañá dúas novas actuacións. Trátase da instalación de colectores de saneamento no río Coroño e da mellora do abastecemento de auga a Cabo de Cruz e Abanqueiro, ambas na súa segunda fase. Dúas obras prioritarias e que serán sufragadas na súa totalidade pola Consellería de Medio Ambiente con máis de 1’7 millóns de euros.

    O executivo boirés confía en que o novo Goberno da Xunta non paralice estas dúas actuacións e as saque canto antes a licitación, xa que se trata de obras xa iniciadas e que se atopan nunha segunda fase. No primeiro dos casos a referida á instalación de colectores para o saneamento no río Coroño desenvolverase nos núcleos da Cuncheira, Mieites e Comoxo e dará servizo a uns 300 veciños aproximadamente. A segunda das obras, a mellora do abastecemento de auga en Cabo de Cruz e Abanqueiro permitirá palia-las deficiencias detectadas na rede actual insuficiente para satisface-las necesidades dunha poboación nestas zonas que supera os seis mil habitantes.

    Nova EDAR

    Os membros do equipo de goberno de Boiro teñen intención tamén de trasladarlle ó novo responsable de Medio Ambiente da necesidade de construir unha segunda depuradora no municipio, xa que a actual empeza a atoparse desbordada.

    Redacción Barbanza