O prestixioso doutor Khoury participará no curso de implantes da Pobra

    POBRA> O curso, que chega a súa novena edición, está promovido pola clínica do doutor Gonzalo López Castro e desenvolverase este próximo sábado 23 de maio no auditorio do museo Valle-Inclán. Uns 150 profesionais do sector chegados dende diferentes puntos de toda España e Portugal teñen prevista a súa asistencia a este curso, que se desenvolverá este próximo sábado no auditorio do museo Valle-Inclán da a Pobra do Caramiñal. A solicitude de prazas e tal que a organización tivo que pechar hai varios meses a súa inscrición. E resulta que o prestixio dos poñentes que participan, de máximo nivel internacional, fai que o congreso teña tan elevada demanda. Precisamente un destes especialistas será o profesor da Universidade de Munster, o doutor Khoury. A xornada completarase tamén coas intervencións de Victoria Sánchez e Ramón Asensio, que versarán as súas ponencias en temas relacionados coa estética en implantoloxía. Con anterioridade ó desenvolvemento do curso, na xornada do venres, terá lugar na clínica do doutor Gonzalo López Castro, un taller clínico para un grupo de vinte especialistas, dirixido polo propio doutor Khoury, sobre modelos mandibulares artificiais e técnicas de inxertos óseos O alcalde, Isaac maceiras, destacou a importancia deste curso, que posibilitará que a Pobra se convirta de novo nun referente científico ó nivel das grandes cidades.