Ribeira reforza o alumeado da Praza Heroínas de Sálvora para mellorar a seguridade

RIBEIRA> O concello de Ribeira vén de adxudicar a mellora do alumeado da praza Heroínas de Sálvora para reforzar a seguridade nas inmediacións do mercado e da estación de autobuses.

A praza Heroínas de Sálvora contará con catro columnas dotadas de 15 puntos de luz como as que xa se instalaron no Malecón de Ribeira. O obxectivo do concello é reforzar a iluminación na contorna da praza de abastos e da estación de autobuses para incrementar a seguridade.

O orzamento de licitación ascende a 64 mil euros e executarase nun prazo de 20 días. A actuación está incluída no marco da EDUSI Ribeira Atlántica cofinanciada con fondos FEDER.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí