Vilagarcía acollerá o autonómico e nacional de Platú 25

platu250_150409.jpgVILAGARCÍA> O Liceo Casino organiza esta fin de semana o Campionato Galego da clase Platú 25. Hoxe foi presentada esta proba que será o preludio do Campionato de España que se disputará nas mesmas augas dentro de quince días.

Baixo a denominación de Trofeo Caixa Galicia, o Campionato Galego de Platú 25 dispútase por terceiro ano consecutivo en augas vilagarciáns, os días 18 e 19.

Tratarase dunha regata Open, aberta, que traerá a Vilagarcía non só á flota galega, senón tamén á portuguesa e barcos do resto das augas españolas, que utilizarán o campionato como campo de adestramento do nacional que se disputará quince días máis tarde e no mesmo perímetro mariño.

Álvaro Paz foi o encargado de conducir o acto, arroupado polo Delegado de Zona de Caixa Galicia, Alberto Varela, e de Carlos Paz, Secretario da clase Platu 25 en Galicia. Precisamente Carlos Paz será o patrón do Vilagarcía, actual campión de España e un dos barcos con maiores opcións de victoria dos representantes locais.

Tratarán de impedir a victoria do Vilagarcía unha veintena de embarcacións, entre os mais destacadas o Tuypan, de Alberto García, ou o Iberconsa ,de Ramón Ojea. O que faltará será Laureano Wizner, que por motivos persoais non poderá estar para defender o seu título do ano pasado.

Serán seis mangas, tres por día, cun descarte que poderán realizar tódalas embarcacións. Esas seis mangas darán o domingo o nome do novo campión galego de Platú25.

Redacción Salnés