O Boiro xogará co Náxara e o Pontevedra co Portugalete

BARBANZA> Os equipos galegos da Terceira que disputarán o ‘play off’ de ascenso a 2ªB, entre os que se atopan o Club Deportivo Boiro e o Pontevedra, xa coñecen ós seus rivais nesta eliminatoria. O sorteo celebrado onte na sede da Federación Española de Fútbol deparou os seguintes enfrontamentos: o Pontevedra xogará contra o Portugalete vasco, un rival complicado, mentres que o Boiro deberá lidiar contra un equipo bastante descoñecido, como é o Náxara rioxano. Valladolid B-Somozas e Tenerife B-Cerceda, serán os outros encontros con protagonismo galego. As eliminatorias nesta primeira fase darán comezo xa este domingo 18 e a volta será o día 25. O conxunto do Lérez disputará o seu primeiro partido na casa mentres que os barbanzáns terán o factor cancha ó seu favor no partido de volta.