Caetano Horta pelexará polas medallas na final de dobre scull lixeiro nos Mundiais de Belgrado

NOIA> O noiés Caetano Horta e o seu compañeiro Denis Carracedo loitarán mañá polas medallas na final de dobre scull lixeiro nos Mundiais de Remo que se están a disputar estes días na cidade de Belgrado.

A final terá lugar a partir das dúas e vinte da tarde.

Nas semifinais, o bote español acadou a terceira praza, o que lle asegura tamén a súa presenza nos Xogos Olímpicos de París de 2024.

Será a segunda participación do noiés nunhas olimpíadas, xa que Horta xa tomou parte tamén nos Xogos Olímpicos de Tokio en 2020, onde logrou diploma, cun meritorio sétimo posto na proba de dobre scull lixeiro.​ 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí