![]()
SALNÉS > Trinta minutos fantásticos, os mellores da temporada, foron suficientes para que os grovenses sentenciasen o encontro ante o Balonmán Lugo. Non lle sucede o mesmo ó Albariño Agnusdei, que caeu de novo e continúa sen coñece-la victoria.
Segunda victoria da temporada para o Rasoeiro desta volta ante o Balonmán Lugo, ó que se impuxo en Monte da Vila por 24-20.
O resultado final non reflicte a gran superioridade amosada polos grovenses, sobre todo na primeira metade. O equipo dirixido por Jaime García defendeu como non o fixera aínda en ningún partido desta temporada, con gran actititude, realizando moi ben as axudas e anticipándose ás accións do rival.
En ataque, o xogo foi moi fluido e souberon atravesa-la defensa lucense en posicional. De ahí que ó resultado ó descanso: 18-9.
Na segunda metade o Rasoeiro relaxouse, baixou o nivel nos dous campos, froito tamén do desgaste e da falta de relevos dende o banquiño. Ademais, as exclusións e as continuas faltas de un e outro conxunto desluciron o xogo, que pasou a ser moi trabado. Con todo, a victoria non se escaparía.
Juanjo, con 11 tantos, foi de novo o máximo goleador do encontro. A vindeira semana visitarán a cancha do Deza, partido que se antolla clave para engancharse xa na loita por meterse entre os catro primeiros.
Non lle foron tan ben as cousas ó Albariño Agnusdei, que caeu no pavillón de Coirón ante o Poio Artai por 24-26. Unha mágoa porque o rival era dos directos, e ambos equipos loitaban por estrea-lo seu casilleiro de victorias.
O encontro foi moi igualado; os meañeses chegaron con opcións de triunfo ós últimos cinco minutos, pero ahí tiraron o partido e acabaron caendo por dous lgoles de diferencia. A vindeira semana o seu rival será o Camariñas, outro dos da parte baixa da táboa.
Redacción Salnés








