Preto de 300 corredores competirán na III Clásica do Albariño Viña Almirante

> A piques de pecharse as inscricións, máis de 200 corredores participarán este domingo na Clásica do Albariño Viña Almirante. Como xa pasara en anos anteriores, a cita volverá converter a Portas nun circuíto polo que correrán nomes da primeira liña deste deporte en Galicia. Sen perder ademais o seu carácter lúdico para todos os públicos.

Todo listo en Viña Almirante para a terceira edición da súa Clásica do Albariño.

A cita será este domingo e, a piques de pechar as inscricións, a proba reunirá un número de corredores moi semellante ao das pasadas edicións. Tamén repetirán algunhas das grandes figuras deste deporte en Galicia.

Os corredores de primeiro nivel dan á proba a calidade competitiva, pero a Clásica do Albariño Viña Almirante pensa tamén en todas as categorías e idades. Sen perder de vista o seu carácter promocional e lúdico.

Os interesados en participar aínda están a tempo. Poderán inscribirse ata a medianoite na web www.emesports.es.