![]()
SALNÉS> Don Juan Carlos e Dona Sofía entregarán as Medallas de Ouro á Real Orden ó Mérito Deportivo os campións olímpicos en Clase Tornado, Fernando Echávarri e Antón Paz. Estarán acompañados por diversas autoridades políticas, entre elas o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
As SS.MM. os Reis de España visitarán este serán ás 21:00 o Real Club Náutico de Sanxenxo con motivo da entrega das Medallas de Ouro á Real Orden ó Merito Deportivo ós regatistas Fernando Echávarri e Antón Paz, polas súas medallas de ouro acadadas nos Xogos de Pekín.
Os campións en Tornado non puideron recoller as súas medallas cos demais galardoados no acto celebrado no Palacio da Zarzuela por estar a disputar a Volvo Ocean Race, por iso as recibirán agora.
Don Juan Carlos e Dona Sofía tamén saudarán ós integrantes do equipo Telefónica que participou na Volta ó Mundo e que chegaron onte a Sanxenxo procedentes de San Petesburgo, tras unha pequena escala en Santander.
Ademais, serán recibidos polo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, a directiva do Náutico de Sanxenxo, encabezada por Pedro Campos, a alcaldesa Catalina González ou o Secretario do Estado para o Deporte, Jaime Lissavetzky, entre outras autoridades.
A última vez que Don Juan Carlos visitou Sanxenxo foi o 5 de novembro de 2005, hai case catro anos, cando inaugurou o porto deportivo da vila que leva o seu nome, e coincidindo coa Volta o Mundo a vela saíu dende terras galegas.
Redacción Salnés







