O derrube das fábricas da Ribeiriña producirase antes do verán

    recuperacionribeirina_100_170409.jpgPOBRA> O alcalde da Pobra informou da marcha dun dos proxectos de maior importancia que ten en marcha a Demarcación de Costas no municipio.

    {flowplayer}barbanza/recuperacionribeirina.flv{/flowplayer}

    De todos é ben sábido o interese que dende hai anos mantén o executivo pobrés de cara a recuperación medioambiental da zona de dominio público-terrestre, comprendida entre as praias da Ribeiriña e do Conchido, dun gran atractivo turístico.

    Exposición pública

    Nese lugar atópanse ubicadas dúas vellas fábricas, a de Hadasa e a da Onza de Oro, en estado ruinoso, que serán en breve derruídas. Actualmente o proxecto, presupostado en 1’6 millóns de euros e que será financiado pola Demarcación de Costas, atópase no período de exposición pública. Un proceso que rematará a finais deste mes de abril.

    Unha vez dado este paso terá lugar a tramitación económica da actuación co fin de inicia-los traballos de demolición. Unhas obras que segundo o rexedor poderían levarse a cabo antes do verán.

    Segunda fase

    Se todo marcha segundo o previsto e unha vez rematada o derrube das antigas naves, levarase a cabo a segunda fase do proxecto, na que se realizará a recuperación do bordo litoral, coa finalidade de crear alí un espazo de lecer e desfrute para os veciños. Unha actuación que podería estar rematada a finais do ano 2010.

    Maceiras Rivas quixo ademais responder ás numerosas críticas dos grupos da oposición que dende hai tempos o acusan de ter practicamente esquecida esta zona.

    Redacción Barbanza