BOIRO> Un total de nove asociacións Cruz Vermella, Cáritas, Amicos, AGADEA, Ambar, A Creba, Renacer, Arelas e BarbanTEA serán as beneficiadas este ano do programa de axudas que o concello de Boiro desenvolve en beneficio das entidades sociais que realizan a súa actividade no municipio en favor das persoas máis vulnerables.
Destinaranse preto dos 46 mil euros que contribuirán á realización de actividades e accións en favor da comunidade .
Dende o executivo boirense destacaron tamén o aumento das partidas destinadas a este fin dende a súa chegada ó goberno no ano 2019, na que se levan investidos máis de 250 mil euros.











