A SEA interésase polo proxecto de Renobat no polígono de Te

RIANXO> A xerente de Solo Empresarial do Atlántico visitou esta mañá o polígono de Te, en Rianxo, para coñecer o avance das obras da nova nave de Renobat Galicia. Esta empresa adquiriu unha parcela na que construirá un taller de maquinaria agrícola e industrial.

Ademais de coñecer in situ os distintos polígonos, axerente da SEA está moi interesada nos proxectos empresariais que se executan en cada parcela. Por esta razón, Beatriz Sestayo desprazouse ata o parque empresarial  de Té onde se está a desenvolver a construción dunha nave de cincocentos metros cadrados da empresa Renobat Galicia dedicada á maquinaria agrícola e industrial.

As obras estará rematadas tralo verán polo que a empresa agarda iniciar a actividade en Rianxo durante o mes de outubro. A nova nave permitirá ademais a creación de novos empregos posto que o cadro de persoal aumentará de oito a once traballadores. A implantación de Renobat suporá un valor engadido para o polígono rianxeiro abrindo a posibilidade de crear novas sinerxias entre empresas. O prezo de adquisición da parcela foi de cento setenta e cinco mil euros máis IVE.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí