A Garda Civil investiga unha trama de supostas falsificacións de Tous

    barbanzajoya_100_170409.jpgBARBANZA> A Garda Civil efectou unha operación en diversos establecementos de Barbanza Joya para o decomiso de varias pezas supostamente falsificadas.

    {flowplayer}barbanza/barbanzajoya.flv{/flowplayer}

    Segundo informaron fontes da Garda Civil, a patrulla fiscal de Noia procedeu ó rexistro e decomiso de varias pezas nas xoierías que Barbanza Joya ten en Ribeira, Boiro, Noia e Padrón.

    A operación veu motivada por unha denuncia da marca de xoiería Tous ante a sospeita de que se puideran estar vendendo pezas falsificadas. Os axentes acudiron acompañados dun perito da marca para examinar as semellanzas entre as supostas falsificacións e os orixinais.

    A Garda Civil abriu dilixencias tras tomar declaración a catro responsables da cadea de xoiería que insisten en que a adquisición destas pezas se axusta á legalidade.

    Compras legais

    Os responsables de Barbanza Joya afirman sentirse totalmente tranquilos á espera de ver como se resolve este proceso posto que actuaron sempre dentro da legalidade e contan coas facturas de compra de tódolos produtos decomisados.

    o A xerente de Barbanza Joya insiste ademais en que as pezas foron mercadas a un fabricante de prata e nuca se venderon co distintivo da marca Tous. Agora, o proceso queda en mans do xulgado, que será encargado de determinar se existiu un delito de falsificación ou non e a súa responsabilidade.

    Redacción Barbanza