O concello de Ribeira procederá á demolición urxente da ‘narcocasa’ da rúa Romero Ortíz

RIBEIRA> O concello de Ribeira ten intención de realizar a demolición da ‘narcocasa’ da rúa Romero Ortíz que resultou pasto das lapas na madrugada do domingo ó luns.

Segundo informaron fontes do propio Concello, os traballos de demolición da vivenda iniciaranse de xeito urxente, á maior brevidade de tempo posible, debido principalmente ó risco de caída que presenta, o que supón un perigo tanto para as persoas como tamén para os vehículos que circulan habitualmente por esta céntrica rúa.

A demolición, ó parecer, farase de xeito gradual. Esta circunstancia permitirá tamén poder verificar da existencia ou non dalgunha vítima mortal no seu interior, algo que non se puido certificar polo de agora ó non poder acceder ó seu interior.

Cabe lembrar que o inmoble era frecuentado habitualmente por persoas toxicómanas para mercar ou consumir drogas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí