O Interrías gaña o derbi e acada o seu ascenso a 1ªA

futbolsala250_210409.jpgSANXENXO> O Viajes Interrías impúxose no derbi ó Grupo Junquera (4-6) e sumou tres puntos que os fai matemáticamente campións a falta de dúas xornadas para o remate da liga.

{flowplayer}images/salnes/EntrevistaBarbeito_210409.flv{/flowplayer} 

O Viajes Interrías xa é campión da 1ªNacional B. A falta de dúas xornadas para o remate da liga, os de Javi Santos son xa inalcanzables para o seu inmediato perseguidor, o Cesuras, que quédase a seis puntos mailo golaverage.

Agardábase un derbi intenso e así o foi. O Grupo Junquera, co recordo do partido da ida en Baltar no que deixaron escapar os puntos, non quería poñerlle as cousas sinxelas ó Interrías.

A balanza estaba equilibrada ademais, no aspecto das ausencias: os locais non podían contar con Marcos e Oscarín, pezas clave, e os visitantes estaban sen Pitu, Chelito e Javi Santos, xogadores chamados a tirar do equipo nos momentos complicados.

Aínda así, o Interrías soubo sacar o partido adiante grazas a un moi bo arranque de encontro, que os colocaba 0-2 nos primeiros sete minutos. Ó pouco de comezar a segunda metade xa vencían por 1-4 e o encontro semellaba decidido.

O Junquera sacou a casta, comezou a presionar en toda a cancha, o partido converteuse nunha auténtica loita e os vilagarciáns puideron poñerse 3-4 con cinco minutos aínda por xogarse. Pero ós de Javi Santos non lles tremeu o pulso. Sufriron pero remataron a faena como ós grandes. Ó final, 4-6; destacables, os hat-trick de Fabián para os vilagarciáns e o de Bruno Riberio para o Barbeito.

Redacción Salnés