A Pobra será sede do Campionato Territorial Norte de Traineriñas

POBRA> A dársena comercial da Pobra será escenario esta vindeira fin de semana dunha nova proba remeira, neste caso o Campionato Territorial Norte de Traineiriñas que organiza o Club de Remo Puebla, en colaboración coa Federación galega de Remo.

A competición desenvolverase en dúas xornadas. O sábado a clasificatoria mentres que o domingo disputaranse as finais.

Na proba participarán ó redor de dez clubs da zona norte de Galicia nas categorías cadete, xuvenil e absoluta, tanto na modalidade feminina como masculina.

Os catro primeiros clasificados de cada categoría conseguirán o pase ó Campionato Galego ‘Xunta de Galicia’ de Traiñeiriñas, que se celebrará a fin de semana seguinte en Cabo de Cruz.

Dende o Concello, entidade tamén colaboradora coa Regata, destacaron a importancia de poder acoller un evento deste nivel, que pon en valor a localidade, ó tempo que se promove o deporte base e se reforza o papel do remo no municipio.