BARBANZA> A Delegación en Barbanza da Federación Galega de Fútbol, en colaboración co Comité Técnico de Árbitros, desenvolverá a partir do 13 de decembro un curso de arbitro. Esta mañá presentábase no concello da Pobra do Caramiñal un curso de arbitraxe que organizará a delegación do Barbanza da Federación Galega de Fútbol, en colaboración co Comité Técnico de Árbitros. O dito curso desenvolverase a partir do vindeiro 13 de decembro. A través desta iniciativa pretenden dar resposta á demanda existente na zona debido ás numerosas competicións deportivas, que supera á actual oferta de árbitros do Colexio de Santiago e da subdelegación de Boiro. Xosé Antonio Pérez Muíño, presidente do Comité Técnico Galego de Arbitros, explicou cales serán os obxectivos do curso. Na presentación, arroupando a iniciativa tomaron parte tamén arbitros e asistentes de primeiro nivel, como é o caso de David Pérez, actualmente colexiado en Segunda División, así como tamén os xuíces de liña de primeira, Enrique Ramos e Alfonso Costoya. Todos eles tomarán parte no curso, impartindo clases a nivel teórico e práctico, ademais de contar as súas experiencias como arbitros e asistentes de primeiro nivel. As persoas interesadas poden obter máis información ou realizar a correspondente inscrición na subdelegación de Boiro do Colexio de Arbitros de Santiago {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/08/cursoarbitrobarbanza081113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/08/cursoarbitrobarbanza081113.mp4{/flowplayer}
Inicio Deportes