Poio rende homenaxe ó padexeiro Sergio Vallejo

POIO> O Concello de Poio rendeu homenaxe esta mañá a dos padexeiros que máis trunfos está acadando nos últimos tempos: Sergio Vallejo. O veciño de Poio volve do campionato do mundo ca vista posta xa nos vindeiros retos.

O Concello de Poio comeza a despuntar claramente no eido dos deportes náuticos. Mostra diso é a nova homenaxe que o Concello ven de render a un dos seus deportistas: neste caso Sergio Vallejo que é oitavo do mundo na súa especialidade. O Alcalde Luciano Sobral quere con este acto dar folgos para que o sustituto de David Cal neste deporte chegue a ser un veciño de Poio. Foi o propio Sergio Vallejo o que resumiu o seu palmarés dos últimos tempos, antes de agradecer a motivación que supón para el o apoio dos seus conveciños, con actos coma este. Arestora Sergio está á espectativa de se para o ano pode obtar ó selectivo sub23 ou ben uparse á categoría senior. Neste camiño, tanto para Sergio como para os restos dos padexeiros da contorna David Cal segue a ser o referente a emular; aínda que quen sabe…o mellor o gran Cal vese destronado en breve por algún destes deportistas da canteira das Rías Baixas.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/28/piraguista.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/28/recepciom_piraguista_poio.mp4{/flowplayer}