Rafael Louzán: ‘A vacante de Agustín Hernández será difícil de cubrir’

    agustin_hernandez_conselleiro_100_210409.jpgPONTEVEDRA> O presidente da Deputación asegura que o nomeamento de Hernández como conselleiro terá grandes vantaxes para a provincia.

    {flowplayer}images/salnes/210409_louzan_por_agustin_hernandez.flv{/flowplayer}

    O presidente da Deputación de Pontevedra asegura que a vacante deixada por Agustín Hernández á fronte da dirección de infraestruturas será un posto difícil de cubrir. Xa están traballando para localizar á persoa axeitada, que segundo Louzán, deberá ter un perfil similar ó de Hernández, para continuar co ritmo inversor e reforzar as medidas de seguridades nas estradas provinciais.

    Louzán amosouse satisfeito co nomeamento de Hernández como conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutura. Segundo o presidente da Deputación, a súa chegada á Xunta supón grandes vantaxes para Pontevedra, xa que despois do seu traballo como director de infraestruturas na Deputación, Agustín Hernández coñece de preto as necesidades desta provincia. De feito, no seu primeiro día como conselleiro, xa mantivo un par de xuntanzas informais co presidente da Deputación. Nelas trataron algúns dos temas prioritarios que abordará esta consellería. Entre eles, o enlace do polígono Barro – Meis.

    Outro dos asuntos prioritarios será a construción da ponte de Monteporreiro. A Deputación xa remitiu á Xunta o estudo sobre o impacto ambiental, e agarda recibir o visto bo desta administración para dar comezo canto antes ás obras.

    Redacción Salnés