NOIA> Noia acollerá este vindeiro domingo 12 de febreiro unha andaina que forma parte da Copa Galega de Andainas de Regularidade de 25 Km.
Está organizada polo Club Trabandainas, en colaboración coa Federación Galega de Montañismo, e o propio Concello e nela agárdase unha participación dunhas cincocentas persoas.
Dous serán os percorridos a desenvolver, un de 25 quilómetros, para os máis experimentados neste tipo de probas, e outro de nivel de dificultade máis baixo de 15.
Os dous trazados terán como punto de partida e de chegada o IES Campo de San Alberto, para percorrer posteriormente diferentes enclaves do municipio.
Dende o Concello, que colabora na organización da proba, fan unha chamada á participación.
As inscricións xa están abertas, podéndose realizar ata o vindeiro xoves día 9 a través da propia web de Trabandainas.