O ensanche da estrada provincial de Valga podería estar listo no 2010

    convenio_valga_100_210409.jpgPONTEVEDRA> O proxecto para executar a segunda fase das obras xa está rematado. A Deputación calcula que en xuño comezará a actuación.

    {flowplayer}images/salnes/210409_convenio_valga_deputacion.flv{/flowplayer}

    Deputación de Pontevedra e concello de Valga veñen de asinar un convenio de colaboración para rematar as obras de mellora da estrada provincial que une o municipio co acceso ó vial de Vilagarcía. Trátase da principal arteria do municipio, unha vía de titularidade provincial na que se sitúan varios edificios de uso público. O financiamento desta obra será conxunto.

    A Deputación aportará preto de 450 mil euros e o goberno local algo máis de cen mil. Co proxecto xa rematado, só queda sacar as obras a licitación pública. Se todo marcha segundo o previsto, o presidente da Deputación calcula que en xuño poderían comezar os traballos.

    De cumprise estes prazos, e non ter que realizar expropiacións, os veciños de Valga poderían ver rematada esta estrada a comezos do 2010.

    Redacción Salnés