O novo goberno da Xunta atenderá as demandas dos afectados da AC-305

    afectadosac305_100_220409.jpgPOBRA> O novo conselleiro de Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, comprometeuse a escoitar as demandas dos afectados polas obras da AC-305.

    {flowplayer}barbanza/afectadosac305.flv{/flowplayer}

    Agustín Hernández adquiriu este compromiso no transcurso dunha xuntanza celebrado co voceiro parlamentario do grupo popular, Manuel Ruiz, e o alcalde da Pobra, Isaac Maceiras o pasado martes, ó remate da sesión de apertura da oitava Lexislatura na Cámara autonómica.

    Nova vía

    A reunión busca poñer fin ao malestar veciñal xurdido polo proxecto de mellora da estrada AC 305, que se reflectiu en multiples protestas públicas protagonizadas polos propietarios afectados. Precisamente estes acolleron a nova con gran satisfacción posto que se abre unha nova porta ó diálogo.

    O novo titular de Medio Ambiente e Territorio reiterou o seu apoio a calquera medida que implique melloras na seguridade vial neste trazado, que se debe compatibilizar cos intereses dos cidadáns. Por elo, criticou ao anterior goberno autonómico por adoptar unha actitude autoritaria que o levou a eludir calquera tipo de achegamento aos afectados.

    Neste punto, os veciños nunca se opuxeron á realización do proxecto, que consideran necesario, aínda que si ás afectacións desorbitadas que plantexaba.

    Reunión veciñal

    O vindeiro mércores, unha representación dos afectados reunirase co alcalde pobrés e co portavoz parlamentario do PPdeG para plantexarlle as súas demandas e escoitar as propostas da nova administración autonómica.

    Redacción Barbanza