O Cambados festexou por todo o alto o seu ascenso a Preferente

cambados250_220409.jpgCAMBADOS> Directiva e plantel desfrutaron de numerosos recoñecementos e homenaxes, primeiro cos patrocinadores, despois no Concello e por suposto tamén no campo de Burgáns.

Xa ascendido dende a última xornada ligueira, ó Cambados tocoulle celebrar na casa a súa volta á Preferente Autonómica. Fíxoo nun día cargado de actos e celebracións que se prolongaron dende primeira hora da mañá ata o remate do encontro ante o Poio (2-2), xa ben entrada a tarde.

A primeira visita foi para os patrocinadores, conservas Guau, ó que lle agradeceron o seu apoio durante este ano. De alí dirixíronse á casa consistorial onde foron recibidos polo tenente alcalde Luis Aragunde, que lles fixo entrega dunha insignia do concello e unha placa conmemorativa, entre outros agasallos. Asimesmo, Aragunde recibíu de mans do presidente Richar Charlín unha camiseta cos nomes de tódolos xogadores do Cambados.

No campo de Burgáns montouse unha auténtica festa, onde se deron cita máis de medio millar de persoas, entre elas varios representantes políticos.

Sobre o céspede, Eduardo Carregal deulle minutos a aqueles menos habituais durante esta temporada. Os locais adiantáronse cun gol de Pénjamo. O Poio foi quen de dárlle-la volta ó marcador aínda que ó final o pichichi Melo salvaría un punto no tempo de prolongación que deixou bo sabor de boca, pese a que xa nada estaba en xogo.

Redacción Salnés