300 autobuses de Galicia asistirán á procesión das Mortaxas

    POBRA> Do 19 ó 22 de setembro a Pobra do Caramiñal entregarase ás súas festas do Divino Nazareno. O principal atractivo será, un ano máis, a procesión das Mortaxas que consegue atraer a decenas de miles de persoas no municipio.

    O vindeiro venres, 19 de setembro, comezan as festas do Nazareno declaradas festas de interese turístico de Galicia. Concello e comisión de festas esperan que en vindeiros anos a cita sexa recoñecida como festa de interese turístico nacional. Durante os catro días que duran as festas, haberá actividades para todos os públicos dende as dez da mañá e ata a madrugada da man das orquestras. O venres, ás nove da noite, o humorista Roberto Vilar dará o pregón das festas e a continuación darán comezo as actuacións de dúas orquestras na Praza Maior. Este ano é o primeiro que a banda de música municipal da Pobra do Caramiñal actúa nas festas do seu pobo. O sábado ás seis e media da tarde terá lugar o concerto nos xardíns xunto ca banda de gaitas Treboada e a agrupación musical do Rosal. O día grande, o domingo, haberá reservadas miles de prazas de aparcamento para que aqueles que o desexen poidan desfrutar da procesión Votiva das Mortaxas. Esta irá acompañada das autoridades e pola banda de música da Escuela Naval Militar, a banda de gaitas Carballeira, a escola de gaitas e danzas Caramiñas e o grupo de gaitas Os do barro. O luns, os máis pequenos poderán gozar pola mañá de Pueblalandia e pola tarde dun percorrido polas rúas no tren PO-POP. O peche destas festas será amenizado pola orquestra Olympus e ás doce da noite terá lugar a queima dos fogos artificiais.


    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/15/presentacionnazarenopobra1209141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/15/presentacionnazarenopobra120914.mp4{/flowplayer}