A POBRA> Cincocentos moteiros daranse cita esta fin de semana na Pobra, na oitava concentración que organiza o Motoclub SinFrenos. O programa componse de exhibicións e rutas así como degustacións gastronómicas e actividades de lecer para os participantes.
Tras dous anos sen celebrarse por mor da pandemia, os motores volverán ruxir na oitava concentración moteira organizada na Pobra polo MotoClub Sen frenos.
As actividades comezarán o sábado pola tarde coas exhibición da escola de pilotos de Porriño Ikering Racing.
O domingo tamén terá lugar a entrega de trofeos que se outorgarán ó motoclub máis numeroso, o primeiro inscrito e o piloto e pilota máis lonxanos así como ós nenos que farán as exhibicións. Aínda que poucas quedan algunhas prazas dispoñibles polo que os interesados en participar están a tempo de inscribirse contactando co MotoClub Sin Frenos.