![]()
RIBEIRA > Unha tráxica nova espertaba esta mañá á cidade de Ribeira. Un veciño da localidade de 39 anos aparecía flotando …
… ó redor das dúas da mañá na praia de Coroso, nas proximidades do cámping. Ó parecer e segundo informaron fontes policiais o falecido podería estar practicando pesca submariña.
Este non foi o único sinistro que se produciu na comarca do Barbanza durante a xornada de hoxe. Ás nove e vinte, aproximadamente, desta mañá, a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu tamén un aviso por un accidente laboral por caída dun tellado ocorrido no concello de Boiro, concretamente no lugar de Brión. Para atender á vítima, un mozo de 29 anos, que responde ás iniciais de F.A.O.F., Urxencias Sanitarias de Galicia enviou ata o lugar do sinistro unha ambulancia asistencial. Unha vez alí o persoal médico atendeu ó xoven, ó que se lle diagnosticaron diferentes policontusións. Despois dunha primeira valoración e asistencia, o accidentado foi trasladado ó Hospital da Barbanza de Ribeira.
REDACCIÓN BARBANZA





