Un camión queda atrancado e dana a ponte do tren en Alba

    accidente_camion100.jpgPONTEVEDRA> A estrada PO-225, en Alba, permanecerá cortada ó tráfico ata mañá despois de que un camión se quedara atascado

    {flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_CAMION.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> A estrada PO-225 ó seu paso por Pontevedra permanecerá cortada totalmente ó tráfico ata mañá despois de que un camión formigoneira se quedara atascado debaixo da ponte que sostén a vía férrea, no tramo de Pontevedra a Vilagarcía.

    O condutor do vehículo non respectou a altura, de 3,40 metros, e quedou atascado. Ó tratar de liberarse dando marcha atrás, o camión moveu a estrutura da ponte, que quedou danada e con risco de derrube. O sinistro aconteceu ás oito e cuarto desta mañá en San Caetano – Alba, na vía que comunica a PO-531 coa N-550. Non é a primeira vez que acontece un suceso similar nesta ponte. De feito, o Concello de Pontevedra xa ten solicitado á Xunta un control de gálibo.

    A estrada estará cortada ata mañá mentres se realizan os traballos de reparación da ponte. De todos xeitos, Tráfico puntualizou que a estrada estará en estado amarelo con paso alternativo para vehículos a motor durante varios días.

    Persoal do Adif pasou ó mediodía unha máquina férrea polo punto afectado e tras comprobar a resistencia da ponte contra a unha da tarde xa se restableceu o tráfico ferroviario entre Vilagarcía e Pontevedra aínda que coa velocidade limitada a 30 quilómetros por hora. Pola noite, o servizo de mantemento de ADIF realizará obras na ponte para reforzar a estrutura danada.

    Durante boa parte da mañá, Renfe tivo suspendido o paso dos trens neste tramo e estableceu un plan alternativo de transporte. O corte afectou a 8 trens e foi preciso por 11 autobuses e algún taxi para efectuar transbordos por estrada en ambos sentidos.

    A Garda Civil de Tráfico iniciou expediente administrativo contra o condutor por condución temeraria. Afortunadamente, no accidente non se produciron feridos.

    Redacción Salnés