RIBEIRA> Uns 150 deportistas participarán este domingo na sexta edición da travesía a Nado Illa de Rúa. A recadación da proba irá destinada á Xunta local da Asociación Española contra o Cancro de Ribeira.
Este domingo disputarase en augas de Ribeira a Travesía a Nado Illa de Rúa. Nesta sexta edición a proba esta xa consolidada como un referente do deporte sendo a única destas características que figura no calendario da Federación Galega de Natación.
Ó redor de 150 nadadores tomarán a saída dende a Illa de Rúa ás 11.30 da maña para completar unha distancia de case catro quilómetros e medio.
Ó remate da proba terá lugar a entrega de premios, Unha maqueta do faro elaborada por Abraham Benítez. A xornada rematará cunha paelllada cedida por mariscos e pescados Bomar. Dende a organización quixeron agradecer a colaboración das numerosas empresas que se suman a esta competición coa que agardan recaudar preto de sete mil euros











